O TEL é un trastorno que afecta principalmente á adquisición e desenvolvemento da linguaxe
oral, e que se pode caracterizar polos dez seguintes atributos:
- É específico xa que non existe un déficit intelectual, non hai un trastorno emocional, non hai lesión neurolóxica, non hai déficit sensotial ou motor e non hai problemas familiares que poidan explicar as dificultades da linguaxe do neno ou nena
- É grave, non é un simple atraso na adquisición da linguaxe; o desenvolvemento da linguaxe non segue un patrón distinto do habitual
- É persistente, é un trastorno duradeiro que afecta á adquisición da linguaxe, prolongase durante a infancia e adolescencia
- É heteroxeneo. Pode afectar a un, varios ou todos os compoñentes da linguaxe e facelo en distintos graos de severidade. Pode estar afectada a expresión pero tamén a comprensión
- É dinámica. Adoitan superarse uns problemas e aparecen outros co tempo.
- É complexo. O problema principal etá na linguaxe oral pero a maioría dos nenos presentan problemas noutras áreas do desenvolvemento
- É frecuente.A prevalencia é entre o dous e o sete por cento
- É invisible. Os TEL poden falar polo que os seus problemas non sempre van a resultar evidentes
- É de evolución lenta. Evoluciona favorablemente pero necesita tempo e traballo
- É xenético. É un trastorno do neurodesaenvolvemento que se transmite xeneticamente
Ningún comentario:
Publicar un comentario