domingo, 21 de xuño de 2015

O estudio no verán

Agora que rematou o fútbol lía que aos futbolistas lle dan unha serie de tarefas e recomendacións para as súas vacacións coa finalidade de non perder completamente a forma e cando se incorporen á tempada séxalles máis doado coller o ritmo.

O curso foi duro e ao final teñen ben merecidas as vacacións pero ao igual que os futbolistas non poden perder completamente a forma e o ritmo de estudo polo tanto hai van as recomendacións para o verán.

1º. -AS VACACIÓNS NON SON PARA APRENDER SENÓN PARA NON ESQUECER.

2º. -Planificación horaria. Isto é a clave para o estudo do verán; senón existe unha planificación horaria é case imposible que se aproveite o tempo polo tanto é importante, aínda que esteamos de vacacións, ter unha planificación horaria pactada polos pais e os fillos.

3º. -Horario de estudo. A mellor hora para estudar no verán son as primeiras horas da mañá, normalmente despois do almorzo. É a hora que máis frescos están, máis descansados e hai menos calor. Ademais cando rematan as tarefas teñen a sensación de que lles queda todo o día por diante.

4º. -Días de estudo. Normalmente recomendo de luns a venres aínda que hai quen recomenda de luns a xoves para que o neno teña a sensación dun fin de semana longo

5º. -Horas de estudo. Depende de cada neno e cada pai debe adaptar os tempos. Nunca máis dunha hora e nunca menos de media hora. Hai que facer ver o neno que este estudo non é un castigo senón a oportunidade de afianzar as cousas do curso

6º. -Lugar de estudo. Ao non ter a rixidez do estudo durante o curso e normalmente van ser actividades de repaso, pódese estudar en lugares comúns da casa (cociña, salón). Se suspendeu algunha materia e a profesora lle recomendou estudar algo concreto entón debería facelo nun lugar privado, no seu lugar de estudo habitual.

A xeito de resumo:
Hai que converter o verán nunha oportunidade, nun momento para que os teus fillos consoliden os contidos do curso e poidan afrontar coas maiores garantías o próximo curso académico. Do que se trata é de que, aínda que realicen tarefas durante todo o verán, teñan a sensación ao finalizar o verán de que tiveron tempo para eles, que puideron descansar e que puideron gozar plenamente do verán.

Información obtida de : http://justificaturespuesta.com/10-consejos-sobre-como-estudiar-durante-las-vacaciones/
FELIZ VERÁN

Ningún comentario:

Publicar un comentario