sábado, 24 de decembro de 2016

Que regalar en Nadal?

Achegándonos, cada vez máis, ao Nadal. Cegados polas luces, a decoración, as compras, as axendas cheas de ceas, comidas, compromisos...Hoxe quero facer reflexionar un pouco aos que lean este post.

Algúns abrirían a ligazón pensando que lles vou a recomendar libros, xoguetes didácticos,...Pois non! Quizais noutro momento... Hoxe pareime a pensar, en que se fose niñ@, cal sería o mellor regalo que me poderían facer, que lembrase para sempre, que me servise para o futuro e cheguei á seguinte conclusión:
 Se fose niñ@ gustaríame...
  • que me quixesen, que me abrazasen, que me aniñasen pola noite 
  • que risen comigo, que me fixesen bromas 
  • que me deixasen elixir, que non decidan todo por min e ensinásenme a tomar decisións 
  • que xogasen comigo, dedicásenme un intre 
  • que me deixasen xogar só, para que aprendese a aburrirme, a entreterme 
  • que non solucionasen os meus conflitos, para que eu faga o esforzo e aprenda 
  • que me deixasen xogar libre, aínda que me caese 
  • que me dixesen que non se é necesario, porque tamén na miña vida diranmo 
  • que non me dean as solucións, senón que me axuden a pensar por min mesmo 
  • que deixasen voar a miña imaxinación, para que non repita as ideas doutros e cre as miñas propias. 
  • que me escoitasen, para facerme sentir importante e confíe nun futuro 
  • que cumprisen o que me prometen para crer nas persoas 
  • que me pedisen perdón se se equivocaron 
  • que me deixasen facer cósalas sol@ 
  • que me dixesen o que fixen ben e o que non 
  • que non me tratasen coma se fose parvo e se non entendese algo mo explicasen 
  • que me fixesen consciente das cousas, das persoas, das emocións 
  • que me valorasen por ser únic@ sen esquecer ter en conta aos demais
  • ...
  • ... ... ...
  • que me educasen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario