Algúns abrirían a ligazón pensando que lles vou a recomendar libros, xoguetes didácticos,...Pois non! Quizais noutro momento... Hoxe pareime a pensar, en que se fose niñ@, cal sería o mellor regalo que me poderían facer, que lembrase para sempre, que me servise para o futuro e cheguei á seguinte conclusión:
Se fose niñ@ gustaríame...
- que me quixesen, que me abrazasen, que me aniñasen pola noite
- que risen comigo, que me fixesen bromas
- que me deixasen elixir, que non decidan todo por min e ensinásenme a tomar decisións
- que xogasen comigo, dedicásenme un intre
- que me deixasen xogar só, para que aprendese a aburrirme, a entreterme
- que non solucionasen os meus conflitos, para que eu faga o esforzo e aprenda
- que me deixasen xogar libre, aínda que me caese
- que me dixesen que non se é necesario, porque tamén na miña vida diranmo
- que non me dean as solucións, senón que me axuden a pensar por min mesmo
- que deixasen voar a miña imaxinación, para que non repita as ideas doutros e cre as miñas propias.
- que me escoitasen, para facerme sentir importante e confíe nun futuro
- que cumprisen o que me prometen para crer nas persoas
- que me pedisen perdón se se equivocaron
- que me deixasen facer cósalas sol@
- que me dixesen o que fixen ben e o que non
- que non me tratasen coma se fose parvo e se non entendese algo mo explicasen
- que me fixesen consciente das cousas, das persoas, das emocións
- que me valorasen por ser únic@ sen esquecer ter en conta aos demais
- ...
- ... ... ...
- que me educasen.
Ese é o agasallo máis grande!
BO NADAL